A Marea Cidadá de Noia insta ao goberno popular a iniciar o procedemento de expropiación das fincas situadas ao redor da ETAP, permitindo así a creación dun novo depósito de auga potable para a vila.
Segundo Marea Cidadá os veciños e veciñas de Noia sufren a chegada de augas mesturadas con barro nos seus propios fogares. A inexistencia dun depósito de auga suficiente como para cubrir as necesidades da poboación durante as choivas, ven provocando, segundo din problemas hixiénicos e sanitarios na vila.
Segundo a formación política no ano 2016, o alcalde noiés prometeu a creación dun novo depósito de augas que viría a solucionar estes problemas, da man da entón Conselleira de Medio Ambiente Beatriz
Mato, creación que debería comezarse ese mesmo ano. A día de hoxe, a creación deste depósito atópase paralizada, en gran parte porque o Concello non iniciou os trámites de expropiación dos terreos colindantes á ETAP, a Estación de Tratamento de Auga Potable.
Dende a Marea Cidadá de Noia entenden que, neste momento o Concello debe dar o seguinte paso iniciando ditos trámites.
Por este motivo, dende a Marea Cidadá de Noia instans ó goberno local a dar cumprimento ás súas promesas, iniciando canto antes a expropiación co fin de que Noia conte canto antes dun depósito de auga potable suficiente para os períodos de choivas e tormentas.
O cardiólogo noiés José Ramón González Juanatey opta a presidir a Federación Mundial do Corazón cun proxecto contra a fenda sanitaria
Segundo informa Mundiario, o catedrático da USC disputa o liderado da entidade global fronte ao especialista chinés Junbo Ge no congreso de Río de Xaneiro. O prestixioso cardiólogo galego e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Ramón...



