A Agrupación de Voluntarios P. Civil de Porto do Son recibe 4.000 € da Deputación

10 Agosto 2020

A Deputación da Coruña apoia con 58.476,51 euros a actividade das agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña.

O BOP publica hoxe a concesión provisional destas axudas, que beneficiarán ás asociacións e agrupacións dos concellos de Cerceda, Porto do Son, Zas, A Laracha, Vedra, Betanzos, Carnota, Muros, Oroso, Vilasantar e Negreira.

A axuda para a Agrupación de Voluntarios P. Civil de Porto do Son será destinada a subministracións: (vestuario non inventariable, duración inferior a 1 ano), compra de bens destinados á actividade (material non inventariable).

Desde a Deputación indican que con esta axuda “damos o noso apoio a un servizo público esencial, sobre todo para os concellos do rural, e que nesta crise sanitaria amosou o seu compromiso á hora de axudar á poboación galega nun momento tan complicado” declarou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

As subvencións poden consultarse na BOP de hoxe      https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/10/2020_0000005542.pdf    

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.