A ABE fai o sorteo da súa campaña de promoción comercial do verán

17 Agosto 2020

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) realizou no mediodía deste luns 17 o sorteo da campaña de promoción empresarial que desenvolveu a entidade durante este verán e na que participaron 50 empresas asociadas de todos os sectores: comercio, hostalería, servizos.

A campaña, a través da que se distribuíron 48.000 rascas, consistiu no subministro de tarxetas aos clientes con 2.000 euros en premios directos (camisetas, gorras, bolsas de praia e a nova bolsa #sonboiro da ABE de algodón orgánico) e máis no sorteo de 1.000 € en vales de compra repartidos en 3 premios de 500, 300 e 200 euros.

A ABE indicou que tanto os premiados coma os suplentes deberán identificarse na asociación entregando o seu DNI e o seu rasca premiado antes do 24 de agosto ás 12:00 horas. Os premios en vales de compra poderanse utilizar nos establecementos participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.