Tarabela Creativa recreará en Boiro como era o quefacer diario (e narrativo) das costureiras

10 Xullo 2020

O ciclo de espectáculos de narración oral de Verán Cultura (Concello de Boiro) inaugúrase o vindeiro 15 de xullo co espectáculo Costureiras de Tarabela Creativa. Forma parte dun programa cultural co que se tratou de ofrecer seguridade (con medidas que garantan as mellores condicións sanitarias e eviten aglomeracións), diversidade (con espectáculos para todas as idades e gustos) e descentralización (cunha axenda que abrangue unha manchea de localidades boirenses).

Costureiras, o primeiro dos espectáculos de narración oral que se vai realizar no Lavadoiro de Bao, estará interpretado por Ángeles Goás e Caxoto é un diálogo a dúas bandas que narra como era a vida das costureiras.

Vai ser o martes 14, ás 21.00 horas, no Lavadoiro de Bao. O aforo é limitado e as entradas poden reservarse a través do enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org ou o mesmo día do espectáculo por orde de chegada.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.