Servizos Sociais de Boiro tramitou sete novas altas no servizo de teleasistencia

06 Xullo 2020

A área de Servizos Socias do Concello de Boiro vén de facer un novo balance da actividade desenvolvida polo departamento ao longo da emerxencia sanitaria e en relación cos fogares beneficiarios do seu labor. Segundo fixo saber, o departamento viu incrementada a súa actividade durante o Estado de Alarma con sete novas altas no servizo de teleasistencia, un instrumento que xestiona a Deputación da Coruña cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas que viven soas gracias a un intercomunicador que poden carrexar nos seus desprazamentos e que lles permite ter atención permanente, so con premer no aparello.

Desde que se ampliou este servizo con motivo da COVID-19, déronse de alta en Boiro un total de 7 novos usuarios, polo que no municipio de Boiro hai un total de 40 teleasistencias activas. É o persoal do departamento de Servizos Sociais quen realiza estes trámites de solicitudes para o servizo de teleasistencia de aquelas persoas maiores de 65 anos que viven soas.

Outros artigos

O Concello de Boiro remata as obras para a mellora do firme en Moimenta

O Concello de Boiro vén de finalizar as obras para a mellora dun camiño no lugar de Moimenta, na parroquia de Macenda. O tenente de alcalde, Luís Ruiz, e o concelleiro, Roberto Lojo, visitaron este martes 10 de marzo o lugar para coñecer o resultado final das obras....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.