Semana de cinema, maxia e música en Porto do Son e Portosín

15 Xullo 2020

O verán en Porto do Son preséntase cargado de actividades, unha axenda descentralizada e diversa que se dirixe a facer compatíbeis as fórmulas máis atractivas para o público e os protocolos estritos de seguridade sanitaria. Esta semana o programa vén cargado de citas para subliñar. Este mércores 15 de xullo residentes e visitantes teñen unha cita co cinema con A ovella Shaun, que se proxecta na praza de España de Porto do son a partir das 22.00 horas. Pasado mañá, venres 17, será a quenda do espectáculo Música, maxia, sabor!, que se celebra ás 21.00 horas na praza do Curro de Portosín, da man de Teatro Culturactiva.

Ao día seguinte, sábado 18, está prevista unha actuación da Charanga O Santiaguiño de Padrón, ás 12.00 horas na praza de España en Porto do Son. O domingo 19 está programada unha sesión vermú na praza do Curro de Portosín, a cargo de DJ Geno. A cita será ao mediodía.

O Concello de Porto de Son, entidade organizadora destas actividades, lembra que a semana vindeira haberá novas propostas para marcar no calendario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.