Segue a busqueda dos dous rapaces noieses desaparecidos cando practicaban kaiak

08 Xullo 2020

Medios aéreos, marítimos e terrestres proseguen hoxe a procura dos dous ocupantes dun kaiak que se atopan en paradoiro descoñecido tras envorcar en Porto do Son, despois de que unha terceira persoa que viaxaba na embarcación fose rescatada.

A zona de procura ampliouse ata Basoñas e a liña de costa desde Praia Río Sieira a Caveiro. Os esforzos por aire e mar centranse na zona de Caveiro e Punta Arnela.

Na zona permanece o buque ‘Don Inda’ de Salvamento e por mar colaboran o ‘Don Inda’, a embarcación ‘Río Xallas’ da Garda Civil e unha lancha de Protección Civil.

Ase mesmo unironse os mergulladores do Instituto Armado ( GEAS), mentres por terra efectivos de Protección Civil rastrexan a zona comprendida entre as praias de Coira e Caveiro e por mar cunha lancha buscan entre Illa Creba e Portosín.

Lembremos que tres rapaces practicaban kaiak cando dou a volta e somentes unha delas poido chegar á costa onde foi rescatada cando presentaba síntomas de hipotermia. Os rapaces desaparecidos son de Noia e apenas chegaban ós 20 anos.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...