Sálvora: unha illa galega salvaxe e tres heroínas (A illa das mentiras)

25 Xullo 2020

O estreno da película esta pasada noite da ‘A illa das mentiras’, de Paula Cons na plataforma FILMIN, segue a acaparar a atención de medios de comunicación. Esta semana as distintas emisoras de radio RTG, Onda Cero, COPE, SER, etc. entrevistaron á directora da película e a eles unironse os medios escritos como O Barbanza que ven publicando ampla información sobre a película desde a súa presentación en marzo do 2019 na inicia da rodaxe. Trátase dun thriller que saca á luz a historia das tres heroínas de Sálvora no naufraxio do Sant Isabel, aínda que non é a historia da traxedia.

Onte era El País na súa edición Galicia o que facia un comentario sobre a película co título de “El Titanic gallego” , e hoxe o portal de viaxes traveler.es publica un amploa rtigo baixo o título “Sálvora: una isla gallega salvaje y tres heroínas“….

“Un thriller intrépido protagonizado polas nosas avoas con pano”. Así lle gusta á directora Paula Cons definir A illa das mentiras (estrea 24 de xullo en Filmin), a película que, por fin, saca do esquecemento ás heroínas de Sálvora, tres mulleres, María Fernández, Josefa Parada e Cipriana Oujo, que na madrugada do 1 ao 2 de xaneiro de 1921 lanzáronse ao mar para buscar sobreviventes do naufraxio máis grande da costa galega, o Santa Isabel, ou o Titanic galego. “Eu, en realidade, son xornalista, e sempre me gusta escribir cousas baseadas en historias reais”, explica Cons, que debuta na ficción con esta longametraxe. “Ademais, a historia de Galicia contróloa bastante e sorprendeume moito que de súpeto me chegou unha amiga, tamén xornalista, que vira unha pequena exposición sobre o naufraxio… E eu non tiña nin idea desta traxedia, nin destas señoras, quedei totalmente alucinada, empecei a tirar do fío e engancheime definitivamente por elas”…..segue.

Escena da película “A illa das mentiras”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.