A illa das mentiras estréase na plataforma Filmin este 24 de xullo

23 Xullo 2020

A plataforma Filmin.es, a canle online máis prestixiosa do cinema independente de cantas teñen presenza no ámbito estatal, vai acoller a estrea do filme galego A illa das mentiras, ópera prima de Paula Cons. Será este venres 24 de xullo, véspera do Día de Galicia. A longametraxe estará dispoñíbel en Filmin.es para alugar e tamén por subscrición sen custo adicional para os subscritores. Como lembraremos, a película ten como marco de fondo a illa de Sálvora e o afundimento do buque Santa Isabel fronte ás súas costas no ano 1921.

A illa das mentiras foi co-escrita por Paula Cons e Luis Marías e está protagonizada pola actriz compostelá Nerea Barros, Dario Grandinetti e Aitor Luna. Completan o reparto as galegas Victoria Teijeiro e Ana Oca.

O afundimento do buque Santa Isabel é o punto de partida dun thriller onde, segundo fan saber os guionistas, o máis interesante “non é o naufraxio en si mesmo”, se non as consecuencias que ten nun microcosmos tan pechado e peculiar como o da illa de Sálvora. Tamén é unha homenaxe ás 3 mulleres que salvaron a vida de 48 persoas e que foron inxustamente esquecidas pola historia.

Polo que respecta a Filmin, é unha plataforma con máis dunha década de traxectoria, consolidada a día de hoxe como a principal plataforma dixital de cine independente en España, con presenza noutros territorios (México, Portugal) e con relevantes acordos con xigantes do ámbito tecnolóxico como Vodafone e Huawei.

Cartel da película na versión en castelán

Tal como informamos en O Barbanza a película foi estrenada en Arxentina o pasado 14 de maio con gran acollida, sendo a segunda película maís vista do mes na plataforma de pago.

Outros artigos

Incendio nunha vivenda na Conlleira, no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados ao redor das 11:00 horas desta mañá dun incendio nunha vivenda na Conlleira, no concello de Ribeira. O lume orixinouse nun armario nunha das habitacións e o operativo consistiu na extinción das...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, España acadou no recente Consello de Ministros da UE bos resultados no Atlántico e Mediterráneo, de xeito que asegura a viabilidade dos 570 barcos que faenan no Mediterráneo e, no Atlántico, tamén "bos...

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...