Rianxo en Común quere recuperar a riqueza marisqueira das praias do concello

27 Xullo 2020

A praia de Tanxil, co seu espigón na parte inferior do areal

O Grupo Municipal de Rianxo en Común, por medio do seu voceiro, Julián Bustelo, presentou unha moción para ser tratada en pleno relativa ás consecuencias que tivo o proxecto de rexeneración das praias de Rianxo levada a cabo hai máis dunha década, poñendo o foco nos areais da Torre, O Pazo, Quenxo, Tanxil e As Cunchas, e implicando, a maiores, a construción de catro espigóns co obxecto de reter a área aportada. Segundo indica a agrupación, malia que esta iniciativa tiña a finalidade de achegar recursos duradeiros para optimizar e reacondicionar os espazos costeiros do concello, o proxecto rematou por ter consecuencias negativas sobre os recursos marisqueiros da zona, tal e como advertiron no seu día a Confraría de Pescadores Virxe do Carmen e a Agrupación de Mariscadoras a Pé, e sobre todo a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galicia (ADEGA).

“Despois de máis dunha década dende a execución do proxecto, as posíbeis repercusións negativas que se advertían daquela convertéronse nunha realidade”, explica a agrupación que coordina Julián Bustelo, engadindo que “as praias obxecto da actuación, particularmente aquelas nas que se construíron os espigóns, convertéronse en zonas mortas dende o punto de vista marisqueiro, tal e como o teñen denunciado os responsábeis da Confraría de Pescadores de Rianxo”. A plataforma recorda que “nos últimos 5 anos invertéronse na rexeneración destas zonas preto de 50.000€, porén, estes esforzos resultaron en balde”.

Por todo o sinalado, Rianxo en Común propón os seguintes acordos:

1. Instar a Portos de Galicia e á Dirección Xeral de Costas a realizar un estudo relativo ás consecuencias da instalación dos espigóns para o sector pesqueiro de Rianxo.

2. Instar a Portos de Galicia e á Dirección Xeral de Costas a estudar unha alternativa para os actuais espigóns emprazados nas praias rianxeiras que permita a normal circulación das correntes.

3. Instar a Portes de Galicia e á Dirección Xeral de Costas a facer extensivos os puntos anteriores ao espigón de Neixón cuxos terreos adxacentes, se ben pertencen ao termo municipal de Boiro, son explotados pola confraría rianxeira.

Outros artigos

Renovada a estrada de acceso á igrexa e ao hórreo de Araño

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde, Julián Bustelo, informou da conclusión da primeira fase do proxecto de renovación do firme da estrada de acceso á igrexa e ao hórreo do Araño dende a AC-305. Os traballos consistiron fundamentalmente na limpeza previa do...

+

Licitada a ampliación da rede de saneamento en Tronco (Rianxo)

Esta semana o Concello de Rianxo licitou o proxecto para a ampliación da rede de saneamento no lugar de Tronco (Rianxo). Conta cun orzamento de de 208.785,50 euros e, segundo informou o alcalde Julián Bustelo, "favorecerá que se poidan conectar á rede un total de 15...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.