Proxecto saneamento de Foxacos (O Araño- Rianxo

09 Xullo 2020

24 empresas veñen de presentarse o concurso de execución do saneamento de Foxacos, por valor de 197.207,49 EUR. Este proxecto foi modificado con certas diferenzas co aprobado inicialmente e permitirá dotar ao conxunto da aldea de Foxacos da parroquia do Araño do correspondente saneamento municipal.

Trátase dun saneamento autónomo, non conectado ao colector xeral, polas distancias existentes co que se realizará in situ a depuración en dous lugares que se habilitarán adaptándose ás pendentes para evitar a colocación de bombeos e funcionar por gravidade.

A actuación financiada con fondos da Deputación da Coruña e municipais forman parte do Plan Único da Deputación e darán este servizo básico a máis de 35 vivendas. É o segundo proxecto con depuración autónoma tras o de Cerqueiras.

A mesa de contratación avaliará nos vindeiros as propostas económicas e técnicas presentadas tras o que adxudicará a obra.

Outras actuacións deste Plan de saneamento a licitar durante este ano, pendente de flecos técnicos, son os proxectos das primeiras fases de Burés (Asados) e Pousada (O Araño), estes si conectados á rede xeral municipal, así como o abastecemento do (Outeiro-Taragoña).

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.