A fiscalia pedirá prisión para dous mozos de Pobra e Ribeira por ferir ao empregado dunha gasolineira en Oleiros

03 Xullo 2020

O suceso aconteceu o ano pasado cando o empregado da gasolineira Agro do Forno, situada en Ribeira, resultou ferido de gravidade ao ser alcanzado por un disparo nun atraco. Segundo informaron fontes da investigación, dous homes encapuchados, que chegaron ao lugar en moto, dispararon cun arma de fogo ao home. Os atracadores entraron na tenda e fixéronse coa caixa e diferentes obxectos. 

Primeiro apropiáronse dunha moto nun garaxe e logo utilizárona para desprazarse ata a zona de Oleiros e atracar a gasolineira, na que dispararon cunha escopeta ao empregado de 22 anos, para logo roubarlle, levar a caixa rexistradora e deixalo alí tirado.

O roubo aconteceu en xaneiro do ano pasado e o fiscal considera aos dous acusados, un veciño da Pobra de 29 anos de idade, e outro de Ribeira, de 31 anos, autores de senllos delitos de roubo, un de lesións e outro de tenencia ilícita de arma longa, aos que se engade para o segundo imputado outro máis porque se atopou na súa vivenda unha pistola para a que non tiña licenza. Por este pide 21 anos de prisión, mentres que baixa a 19 a pena para o seu compañeiro.

O xuizo terá lugar a próxima semana na Audiencia Provincial onde comparecerán polos feitos ocorridos o 17 e o 19 de xaneiro do 2019.

O traballador tivo que ser operado en catro ocasions e ten importantes secuelas permanecendo de baixa. O fiscal solicita para os dous acusados que indemnicen o empregado con 28.400 euros, ademáis de facerse cargo da factura hospitalaria. Tamén deberán ingresar á compañía aseguradora da estación de servizo os 1.052 euros substraídos da caixa.

Estación de servicio Agro do Forno en Oleiros (Ribeira)

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.