Pablo Arangüena cualifica o estado da ría de Noia de “atentado ecolóxico e económico”

03 Xullo 2020

O cabeza de lista do PSdeG-PSOE pola Coruña e vicesecretario xeral do partido, Pablo Arangüena, estivo este venres en Noia para dar a coñecer os seus proxectos para a comarca e pacer fincapé nas principais necesidades económicas, sociais e medio ambientais da nosa contorna. Precisamente a cuestión ecolóxica-económica centrou boa parte da súa intervención, que xirou arredor da contaminación da ría de Noia, “un auténtico atentado ecolóxico e económico”.

Segundo fixo saber, o problema ambiental da ría “compromete gravemente non só os ecosistemas mariños, senón a riqueza que dá emprego directo a 1.650 persoas” no marisqueo e sostén a economía noiesa.

Pola contra, o candidato asegurou que “un futuro goberno socialista na Xunta mudaría esta situación coa posta en marcha dun ambicioso plan de saneamento das rías e ríos galegos que se fai explícito no noso programa”.

Pablo Arangüena remarcou que “20 años despois da aprobación da directiva marco de augas da UE, que obrigaba a depurar en todas as localidades de máis de 2.000 habitantes, un concello de 15.000 habitantes como Noia ten unha depuradora que funciona ao 20% e que verte directamente á ría, a 500 metros do banco marisqueiro. Un auténtico escándalo”, subliñou tras súa visita á EDAR.

Na súa estadía en Noia, Arangüena estivo acompañado por concelleiros e membros de agrupación socialista. O cabeza de lista puido comprobar o estado da praia de Testal, unha das dúas que ten o termo municipal, que, segundo lembrou, “está nun estado precario” e “leva pechada ao baño más de 5 anos por un alto nivel de contaminación que pon tamén en perigo os polígonos de berberecho veciños”.

Outros artigos

Ribeira celebrou unha multitudinaria misa en honra de Santa Uxía

A veciñanza da cidade correspondeu coa súa multitudinaria presenza na misa na honra da Santa Uxía que ás 12 do mediodía de hoxe ocupou por completo o adro da igrexa e a praza da Porta do Sol nun recinto disposto con cadeiras para cumprir coa normativa anticovid. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.