Os socialistas de Ribeira queren paneis de publicidade electoral nas parroquias

03 Xullo 2020

O PSdG-PSOE de Ribeira presentou unha proposta ao Concello relativa ás eleccións do 12 de xullo e, por extensión, a integridade da cartelería urbana que acompañe todos os comicios que se desenvolvan no futuro. Os socialistas, na súa petición, poñen o foco nos espazos dispoñíbeis para a colocación gratuíta de carteis que hai no termo municipal, todos eles emprazados na capital do concello en media ducia de espazos diferentes.

En virtude destas limitacións, o grupo solicita quere que se aprobe o establecemento de espazos dispoñíbeis para a disposición de publicidade electoral, de cara a vindeiros comicios, en cada unha das parroquias do concello, e ofrecelos logo á Xunta Electoral da Zona de Noia.

“Desta forma”, indican, “intentamos conseguir a equiparación do coñecemento dos partidos políticos e dos candidatos que se presentan á cita electoral correspondente”.

O grupo propón a disposición de paneis de 3,66 x 1,83 metros nos seguintes puntos a considerar:

. Parroquia de Aguiño: Na illeta da Casa do Mar. Rúa Fco. Lorenzo.

. Parroquia de Artes: Outeiro – DP-7304 (A de Ramona).

. Parroquia de Carreira: Entorno Capela da Guía (A de Rosita).

. Parroquia de Castiñeiras: Explanada Porto (fronte o Bar da Praia).

. Parroquia de Corrubedo: Esquina rúa Delicias (Bar Stop).

. Parroquia de Oleiros: C-550 (entorno Alimentación O Campo).

. Parroquia de Olveira: AC-303 Lugar de Cristal, no parque infantil).

. Parroquia de Palmeira: C-550 (Entrada ao Porto. Fronte á farmacia).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.