Os socialistas de Ribeira piden o arranxo da antiga tubaxe de desaugue das Furnas, en Corrubedo

01 Xullo 2020

O PSdG-PSOE de Ribeira achegou unha nova proposta relativa ao saneamento de Corrubedo, para ser presentada ao vindeiro pleno da Corporación local. Trátase dunha moción para eliminar o punto de vertido de augas residuais da antiga tubaxe de desaugue da praia das Furnas, en Corrubedo. Segundo fai saber o grupo socialista, trátase dun problema que debera terse solucionado hai anos, sobre todo tendo en conta a existencia dunha nova depuradora (en punta Paxariñas) na vila operativa dende hai un lustro, con capacidade para dar servizo a unha poboación de 7.326 e cunha completa infraestrutura de oito bombeos de augas fecais até a EDAR con emprazamentos en Ribeira do Prado, Casa do Mar, Concheiro Alto, A Agra, Sirves, Artes, Oleiros e Escola de Oleiros.

En total, recordan, instaláronse 5.867 metros de impulsores, 10.965 metros de colectores, e un emisario submarino de 223 metros.

Segundo apunta o grupo socialista, se ben coa devandita obra deberán ficar solucionados os problemas de saneamento de Corrubedo, nas praia das Furnas, cando a marea está baixa, “para abraio dos residentes e visitantes, “, segue visualizándose a antiga tubaxe de desaugue das vivendas do barrio das Delicias, cos problemas medio-ambientais, estéticos, sanitarios que isto implica. Por este motivos, o grupo de José Vilas pide que se arranxe o punto de vertido para “melloras as condicións naturais da paisaxe e tamén da vida e o traballo da veciñanza do lugar”.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.