Os novos embarques participativos de CEMMA poñen o foco nos concellos da Coruña

27 Xullo 2020

A coordinadora CEMMA, organización galega centrada na investigación e defensa dos mamíferos mariños, vén de poñer en marcha a edición 2020 da súa iniciativa de embarques participativos para percorrer a costa dos concellos da Coruña, principalmente orientados ao seguimento e monitoraxe de cetáceos no noso litoral. A previsión é realizar 15 embarques entre os meses de xullo a setembro en toda a costa de Galicia, aínda que amosando maior incidencia na costa da nosa provincia.

Campañas CEMMA

Dende o ano 2003 até 2011 a CEMMA levou a cabo 125 singraduras participativas, cunha media anual de 14, nas que realizaron 398 albiscamentos de cetáceos, cunha relación media de un albicasmento cada 2,4 h de navegación ou 28,6 km percorridos.

En 2020 a intención da coordinadora é afianzar as campañas na provincia da Coruña, que é, nas súas palabras, “a zona da costa máis descoñecida dende o punto de vista da fauna cetolóxica”.

O obxectivo principal deste proxecto é o de incorporar información sobre a presenza e distribución dos mamíferos mariños da plataforma de Galicia mediante a monitoraxe a través da realización de embarques.

Están propostas un total de 15 xornadas. Ademais do clásico porto de referencia para CEMMA que é o do Grove, dende o que se realizarán mostraxes no norte da Ría de Arousa e fronte a Sálvora, levaranse a cabo expedicións dende o porto de Fisterra, aínda que “o calendario non está pechado”, sinala a plataforma, engadindo que estas citas (e os restantes portos) serán anunciadas proximamente para “cubrir a costa norte da provincia da Coruña”.

Para máis información cómpre visitar a web da coordinadora, o apartado específico desta iniciativa.

Estas campañas están autorizadas pola Secretaria de Estado de Medio Ambiente, Ministerio para la Transición Ecolóxica, e contan co apoio da Deputación da Coruña a través da convocatoria de axudas para as actividades ambientais.

Este luns 27 realizouse unha saída dende Muros a bordo do veleiro Carrao co obxectivo de poñer a punto a metodoloxía a bordo e o protocolo COVID19, para manter as medidas de seguridade en todos os traballos que se realicen.

Outros artigos

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

Era un rapaz coma moitos outros, coma todos os outros do seu lugar e dos outros. Choraba igual quechoran todos, cando hai que chorar, e sufría coma sofren os febles, os desamparados no mundoorganizado polos poderosos. Era loitador preparado para as inclemencias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A UE e Mercosur non se entenden: ambas as potencias teñen medo a perder” – Antón Luaces

“A Fodona, peixeira de toda a vida”. Antón Luaces

Sempre de pé, sempre con voz de soprano fumadora invitando aos visitantes da praza do peixe e a "vacía" chea. Manola "A Fodina", filla de Agustin "O Fodón", levaba anos vendendo as capturas de seu pai aló por Guidoiros. A súa dorna pintaba en negro e vermello. Ía solo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.