O libro A que cheiran as cores? preséntase este venres no Elma (A Pobra)

Este venres 31 de xullo preséntase na Pobra do Caramiñal o libro A que cheiran as cores?, do investigador, científico e divulgador Juan Casto Rivadulla Fernández, escritor e neurocientífico do Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Universidade da Coruña e escritor. A cita será no Elma ás 20.30 horas. Será de entrada libre até encher o aforamento limitado e controlado da sala.

Ademais de co autor, contarase coa presenza de Fidel Vidal Pérez (psiquiatra, escritor e poeta), Araceli García Pose (licenciada en Medicina e Cirurxía Pediátrica e médica da área das Urxencias Pediátricas no CHUAC), Cipriano Pose (socio da A. C. Barbantia e libreiro), Patricia Lojo (concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal) e Xosé Lois Piñeiro (alcalde da Pobra do Caramiñal). Na presentación tamén está prevista unha actuación da Escola de Música da Pobra do Caramiñal. O Concello, a todas as persoas interesadas en acudir á cita, lémbralles a obrigatoriedade de levar máscara de protección como medida de precaución sanitaria.