O Concello do Son lévanos de roteiro polos montes Dordo e Enxa (este domingo 26)

25 Xullo 2020

O sendeirismo pola nosa comarca, con todo o que ofrecen os nosos concellos de riqueza paisaxística e medioambiental, preséntase como unha boa alternativa de lecer deportivo e turístico neste verán de protocolos postCOVID, medidas obrigadas de distanciamento e actividades de formato medio e pequeno. Dende o Concello de Porto Son ofrecen estes días (ao abeiro do programa O Son Camiña) un roteiro co que enxergar a ría de Muros e Noia, boa parte da Serra do Barbanza e o abraiante litoral sonense de cantís, areais, calas, esteiros, castros e vilas mariñeiras. A cita será o 26 de xullo e comeza ás 9.30 (punto de partida) na explanada portuaria de Porto do Son.

Serán 14 quilómetros de percorrido até os montes Enxa e Dordo, con dificultade alta. Co fin de manter a seguridade sanitaria das e dos participantes, o Concello sinala que vai ser obrigatorio o uso de máscaras de protección. O límite é de 60 prazas. Os camiñantes deberán facer todo o posíbel por manter as distancias de seguridade.

Respecto do trazado en si mesmo, o Concello lembra que os montes Enxa e Dordo actúan como soporte desta ruta achegando aos camiñantes dous destacados miradoiros: o do monte Dordo a menor altitude pero que aporta unhas vistas privilexiadas sobre a localidade de Porto do Son, e o do monte Enxa, que nos brinda unha das mellores vistas da ría de Muros e Noia.

O punto de contacto destes dous montes alberga un piñeiral no que destaca o cruceiro de capeliña adicado á Virxe do Leite así como unha necrópole megalítica composta por 3 mámoas.

Quen precise máis datos sobre o roteiro, dicirlle que está habilitada cumprida información na Rede en formato PDF.

Outros artigos

Nebra celebra este sábado 7 de marzo a súa Festa do Cocido

A parroquia de Nebra (Porto do Son) vai celebrar este sábado 7 de marzo a súa Festa do Cocido. Será a partir das 14.30 horas no Local Veciñal de Nebra. Os prezos serán de 35 adultos para persoas adultos e de 15 para nenos e nenos (até 12 anos). Pódense conseguir...

+

Máis de 200 deportistas participaron no Xtosín Trail

Este 22 de febreiro celebrouse no concello de Porto do Son a edición 2026 do Xtosín Trail, unha das grandes probas deportivas da tempada no concello e no Barbanza. Achegou tres modalidades: o Trail de 21K, o Trail de 15K e máis a Andaina de 15K. Foi, en palabras da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.