O Concello de Ribeira abre o prazo de ofertas para mellorar a Fieteira e instalar un circuíto de pump track

29 Xullo 2020

O Concello de Ribeira abriu o prazo de presentación de ofertas para mellorar as instalacións deportivas de A Fieiteira, incluíndo a instalación dun novo circuíto de pump track nunha parcela anexa ao complexo. O circuíto disporase nunha superficie de 800 metros cadrados. Segundo explica o Concello, contará cun “trazado semellante a un búmerang con curvas comprendidas entre 70º e 170º e cinco rectas definidas por distintos obstáculos ata sumar unha lonxitude de corda total de 100 metros”. Todo o percorrido manterá unha anchura de 1,80 metros.

As obras necesarias inclúen a limpeza e nivelación do terreo, canalizacións de auga, perfilado de obstáculos, revisión e proba do circuíto en terra, asfaltado, sinalización e acabado de zonas internas do trazado.

O proxecto inclúe tamén obras de mellora no vestiario do campo de fútbol, na terraza situada enriba da sauna (coa fin de impermeabilizala e evitar posíbeis filtracións de auga) e no almacén situado nas inmediacións da pista de atletismo (reformarase tanto a cuberta como o chan e as paredes interiores).

A actuación, que ten un orzamento total de 86.349 euros, IVE incluído, recibiu unha achega de 40.000 euros procedente de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

As empresas interesadas dispoñen até o 17 de agosto á medianoite para formular as súas propostas no Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.