O Concello de Boiro somete a exposición pública o borrador da ordenanza de circulación

28 Xullo 2020

Unha das prioridades actuais de traballo do Concello de Boiro é a elaboración dun novo regulamento relativo á Ordenanza de Circulación local, documento no que está mergullado o Goberno boirense neste intre e cuxo borrador inicial está publicado xa na web municipal para o seu sometemento a exposición pública. Con esta dispoñibilidade do borrador solicítanse as opinións das veciñas, veciños, entidades ou colectivos que poidan verse afectados polo novo regulamento.

Este, explica o Concello, diríxese a “facer á crecente carencia de espazo público de estacionamento, á proliferación de novos sistemas de mobilidade persoal e que deben encaixarse mediante normativa municipal e tamén ao predominio do peón respecto do vehículo no centro das cidades e vilas”. A través da nova normativa vanse regular as zonas azuis e exprés, as prohibicións e as restricións circulatorias e tamén as regulacións específicas relativas ás zonas peonís ou as ocupacións de vías públicas.

Con esta ordenanza o que se pretende é regular a circulación nas vías e terreos aptos para a circulación, tanto públicos como privados de uso público, dentro do termo municipal e especialmente a regulación do estacionamento e ocupacións de vía pública.

O borrador do texto está a disposición das persoas interesadas na páxina web municipal durante un prazo de dez días hábiles desde a súa publicación. Os cidadáns, organizacións ou asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións ao respecto a través do enderezo de correo electrónico alcaldia@boiro.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.