O Concello de Boiro humaniza a rúa Principal

29 Xullo 2020

O Concello de Boiro comezou os traballos de acondicionamento e humanización da rúa Principal unhas actuacións que se van realizar por treitos e con medios propios, comezando (esta semana) pola contorna do cruce coa avenida de Compostela e a rúa Corrillo, onde se está a acometer un acondicionamento integral do espazo. Máis en concreto, os traballos iniciáronse co cambio de localización da marquesiña para a outra beira da estrada e a substitución da mesma por unha das novas que a administración local solicitou este ano á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Amais, mudou tamén de emprazamento un dos contedores de vidro que ocupaba a beirarrúa e situouse onde están colocados os demais contedores de plástico, papel e residuos orgánicos.

Amais, os operarios de sinalización viaria realizaron o pintado amarelo de todos os bordes das beirarrúas así como o repintado da sinalización horizontal das paradas de autobús en ambas as dúas direccións. Nunha das marxes delimitouse un espazo para o estacionamento de motos e, tamén, reforzouse a sinalización vertical, instaláronse novas macetas con plantas ornamentais co obxectivo de “humanizar e mellorar o entorno da rúa Principal”.

“O obxectivo deste Goberno é o acondicionamento do núcleo urbano e en concreto da rúa Principal e tamén reforzar a seguridade dos viandantes e a mobilidade de vehículos”, afirmou o alcalde. As melloras vanse realizar, como dixemos, por tramos, empezando polo cruzamento coa avenida de Compostela ata chegar á rotonda de Cimadevila por ambos marxes da estrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.