O Concello de Boiro dá un empuxe ás obras de mantemento do CEIP Santa Baia

03 Xullo 2020

O Concello de Boiro vén de informar de novos avances ao abeiro do seu esforzo por poñer a punto os centros educativos do termo municipal, con persoal propio e con vistas a conseguir “que estean listos no momento no que se retome a actividade dos mesmos”. Os labores desenvolvéronse durante todo o período do Estado de Alarma e foron obxecto dunha planificación previa cos equipos directivos dos centros docentes. A concelleira de Ensino, María Outeiral, visitou esta semana o CEIP Santa Baia para ver o estado e evolución das obras que se están a levar a cabo no centro.

No CEIP Santa Baia de Boiro estanse a facer tarefas de limpeza e mantemento tanto no interior coma no exterior do centro. Entre os traballos concretos que se levan a cabo inclúese o pintado das aulas e diverso equipamento como as tubaxes da calefacción. Tamén se están a repoñer as antigas luminarias por outras con tecnoloxía LED. Igualmente, realizouse o pintado das pistas deportivas e o acondicionamento dos xardíns de todo o perímetro do patio. Nas vindeiras semanas vanse reparar e acondicionar os teitos dos patios para concluír as tarefas na instalación.

O obxectivo do Concello de Boiro é “que os centros educativos do municipio estean a punto e teñan solucionadas as deficiencias mais importantes e que están na man da Administración local, para cando se retomen as clases o vindeiro curso”.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.