O Concello de Boiro anuncia a boa marcha das obras que se realizan no CEIP Santa María do Castro

30 Xullo 2020

A concelleira de Ensino, María Outeiral, visitou este xoves 30 de xullo o centro educativo de Santa María do Castro, en Cabo de Cruz, para comprobar a evolución dos traballos de acondicionamento e as obras que se están a realizar no colexio. Tamén quixo coñecer, de primeira man, as necesidades que están pendentes de atender. Durante a visita estivo acompañada polo conserxe do centro educativo.

As obras forman parte dun proxecto máis amplo do Concello (realizado a través do departamento de obras) para pór a punto todos os centros educativos do termo municipal, con vistas a estar nas mellores condicións posíbeis co inicio do vindeiro curso.Para coñecer as necesidades dos colexios e do seu persoal e profesorado, desde a área de ensino están en contacto cos equipos directivos dos centros.

No CEIP Santa María do Castro o Concello informou de que xa está rematada toda a parte de infantil, onde se colocou a tarima nas aulas, pintáronse as portas e arranxáronse estantes que estaban deteriorados. Na parte de primaria realizouse o pintado das aulas nas que se colocaron as novas xanelas. Realizáronse tamén limpezas xerais e a preparación dos espazos con vistas a cumprir cos protocolos para o vindeiro curso escolar.

A concelleira de Educación aproveitou a súa visita ao centro para ver o estado das obras de colocación do ascensor que está a realizar a Consellería, unha actuación, dixo, “moi necesaria e demandada por toda a comunidade educativa para o centro”.

Outros artigos

O director xeral de Inclusión Social visita Amicos

Varias persoas participantes nos itinerarios de orientación laboral desenvolvidas por Amicos, asociación inclusiva da nosa comarca, recibiron na mañá deste 16 de abril a visita do director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado. No centro boirense recibírono o...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.