O Club Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz izou as súas bandeiras de calidade

31 Xullo 2020

O Club Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz acolleu este venres o acto formal de izado da Bandeira Azul, a Q de Calidade e a de Galicia Calidade. No acto participaron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo e o presidente do náutico, Manuel Fajardo, amais de diversos presidentes de clubs e entidades deportivas do municipio: Antonio Fernandez, da Asociación Cultural de Tradicións Mariñeiras, Changui Ortega, presidente do C.D. Boiro, Daniel Vázquez, presidente do Club de Remo Cabo de Cruz, Óscar López, presidente do Boiro Voleibol, Fabián Fernández, presidente do club de fútbol Cabo de Cruz e Moncho Ares, presidente da Escola de Vela.

A dirección do Club Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz lembrou que a entidade deportiva conta con prestixiosos distintivos de calidade que o converten “nun dos portos deportivos mellor valorados de Galicia”.

En palabras de Manuel Fajardo, “os devanditos distintivos son un aliciente para seguir medrando e mellorando“. O edil tamén agradeceu a presenza do Concello e dos clubs deportivos locais, xa que “é unha mostra de compañeirismo e amizade”.

Pola súa banda, o alcalde, José Ramón Romero, salientou o traballo do Concello a prol de recuperar instalacións como o Edificio das Colonias na praia de Barraña e “para crear novas dependencias” como a sede do Club de Remo de Cabo, arestora moi avanzadas, ao que cómpre sumar, dixo, o “noso interese par sacar as axudas directas aos clubs e brindarlles apoios, mais aínda nunha situación tan excepcional como é agora despois da COVID”.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.