O Club Náutico da Pobra retoma a actividade o 18 de xullo coa última proba da I Regata Arousa Norte

02 Xullo 2020

O Club Náutico Arousa Norte da Pobra do Caramiña retomará a súa actividade o vindeiro 18 de xullo, coa disputa da última proba da I Regata Arousa Norte, o Trofeo A Casa da Tía Elisa, que foi aprazado esta primavera por mor da emerxencia sanitaria pola COVID19 e que sumará, na data prevista, a dúas probas celebradas: o Trofeo A Poutada e o Trofeo Pazo de Rubianes. Destes dous acontecementos deportivos podemos atopar cadanseus resumos nas publicacións do Facebook do club pobrense do 29 de febreiro (Trofeo A Poutada) e do 7 de marzo (Trofeo Pazo de Rubianes).

Ademais, o Club Náutico Arousa Norte informará a todos os participantes das medidas de seguridade establecidas no protocolo publicado no Diario Oficial de Galicia da Resolución 15 de xuño de 2020 da Secretaría Xeral para o Deporte.

Por outra banda, o club pobrense confía en que o capítulo de boas novas non quede pechado coa nova data do 18 de xullo para a I Regata Arousa Norte e que en breve sexa posíbel saber a nova data estival para a XII Volta a Ons, que tamén foi aprazada por motivo da COVID-19.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.