O Centro de Saúde de Boiro verá mellorada a súa eficiencia enerxética con biomasa

10 Xullo 2020

A Xunta mellorará a eficiencia enerxética de 28 centros de saúde de Galicia, entre eles o de Boiro, repartidos polas catro provincias galegas, co fin de reducir os custos enerxéticos e apostar pola mellora ambiental, repercutindo tamén na calidade de vida dos cidadáns.
Para iso, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Servizo Galego de Saúde asinarán un acordo marco, que permitirá a instalación de caldeiras de biomasa e de aerotermia nestes centros de saúde emprazados nas áreas sanitarias da Coruña e Cee, Ferrol, Santiago de Compostela e Barbanza, Lugo -A Mariña e Monforte de Lemos-, Ourense – Verín e O Barco de Valdeorras- e Vigo da Consellería de Sanidade.
A Administración autonómica investirá un total de 1,5M€, a través de fondos Feder, neste proxecto e no desenvolvemento dun plan de district heating con biomasa no complexo educativo da Xunqueira.
Para levar a cabo a instalación das caldeiras, priorizouse aqueles centros de saúde que contan na actualidade co uso de gasóleo, propano e acumuladores eléctricos.
A Xunta aposta polas enerxías renovables para reducir os custos enerxéticos das empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, podendo dedicar os seus recursos económicos a outros fins. Así mesmo, a mellora ambiental repercute tamén na calidade de vida da sociedade.
As distintas axudas que se van activar no eido das enerxías renovables e da eficiencia estánaliñadas coas Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020, a través das cales se busca mellorar a calidade de vida dos galegos –mediante o abaratamento dos custos e o aumento da calidade da subministración– e a competitividade do tecido empresarial, apostando pola eficiencia e a potenciación das enerxías renovables de carácter autóctono. Tamén vai en liña da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enexía 2050.
Do que se trata, en definitiva, é de apostar polo respecto medioambiental e de favorecer entre familias, empresas, entidades e administracións a cultura do aforro enerxético e o fomento das enerxías renovables, aproveitando os nosos recursos.

O CS BOIRO verá subsituida a sua actual caldeira de Gasóleo C eTermo Eléctrico por biomasa e contará cun investimento de 70.000 euros.

CS Boiro

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.