O campo de Valiño (Boiro) acolle esta semana unha nova edición do Depor Campus

20 Xullo 2020

Un total de 60 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos desfrutan esta semana dunha nova edición do Depor Campus que se celebra en Boiro. A iniciativa, promovida pola Fundación Deportivo, a Escola de Fútbol Municipal de Boiro e o Concello, celébrase até 24 de xullo (dende hoxe) no campo de fútbol de Valiño.

O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, asistiron á primeira xornada para dar a benvida aos cativos e comprobar o desenvolvemento da experiencia deportiva, que este ano vén marcada pola COVID e as esixencias sanitarias para mantela a raia (de aí o aforamento limitado de 60 participantes e a habilitación nas instalacións de todas as medidas de seguridade e protección que esixen os protocolos, como fornecemento de máscaras e de xel).

A actividade serve como unha xornada de convivencia para nenos e nenas da comarca, e tamén para os adultos e directivos dos clubs que os acompañan. Segundo informa o Concello, os obxectivos que persegue esta actividade son, ademais “da tecnificación deportiva con adestradores de primeiro nivel”, os valores que transmite o deporte: “Desde o Concello de Boiro queremos seguir apostando polo deporte, sobre todo polo deporte base, fundamental para que os nenos e nenas do noso pobo medren cos valores que o deporte en equipo nos ensinan”, afirmou o concelleiro Marcos Fajardo.

O alcalde agradeceu a asistencia de todas as persoas que participaron, aínda “tendo en conta a situación actual”.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.