O 14 de agosto proxéctase o filme María Solinha en Rianxo

30 Xullo 2020

O vindeiro sábado 14 de agosto, ás 22.30 horas, celebrarase na praza Castelao de Rianxo a proxección do filme galego María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar, autor tamén de obras audiovisuais tan senlleiras como a adaptación cinematográfica de A Esmorga ou a máis recente Sicixia, rodada na Costa da Morte. A proxección, debido á situación sanitaria actual, terá o aforamento limitado. Será imprescindíbel inscribirnos na páxina web do Concello até as 13.00 horas do 13 de agosto.

Respecto do filme, nárranos a chegada a Cangas dun afamado director que ten o proxecto de reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII. O filme está dirixido por Ignacio Vilar e interpretada por Grial Montes, Laura Míguez, Santi Prego, Mabel Rivera e Antonio Durán “Morris”. O guión é de Esther F. Carrodeguas, Ermel Morales e Ignacio Vilar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.