Novo número da nosa revista O Barbanza

30 Xullo 2020

O Grupo Código Cero publica un novo número da revista mensual O Barbanza, o 12, que nesta ocasión busca achegarse ao concepto de turismo seguro do que pode presumir a comarca do Barbanza como alternativa ao turismo masificado.
O número 12 da revista O Barbanza tamén fai balance dos últimos comicios electorais cos alcaldes da comarca, repasa a axenda cultural do mes de agosto con espectáculos en formatos pequenos para manter a seguridade e dá conta da adaptación dos albergues do Camiño de Santiago para loitar contra a COVID-19 (para o que tamén apostan pola dixitalización).
Cunha tirada de 7.000 exemplares e repartida en Rianxo, Boiro, A Pobra, Ribeira, O Son, Noia e Dodro, a revista pode atoparse de balde en formato físico en numerosos locais da comarca, sendo tamén posible a súa consulta en liña ou a súa descarga en pdf.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.