Actos en Ribeira e Boiro do PpdeG, Vox e Bng este domingo 5

05 Xullo 2020

Ribeira concentra este domingo os actos políticos da comarca para as Autonómicas do 12 de xullo.

Así as 13 horas Corrubedo celebrará un acto do PP de G. Será na Casa do Mar.

Á mesma hora Vox co seu Presidente Santiago Abascal celebrará o seu acto na Praza de España.

Xa pola tarde a candidata á presidencia da Xunta polo Bng, Ana Pontón intervirá na Avenida do Malecón de Ribeira as 20 horas.

Previavente pola mañá as 11.30 en Boiro o Bng organizará unha marcha en bicicleta. A saída do pelotón que acompañará á candidata ten prevista a saída ás 11.30 horas da Boqueira da Negral. Están convidadas a participar no paseo en bicicleta todas as persoas que desexen reivindicar dende Boiro xeitos alternativos e saudábeis de desprazarnos polas nosas vilas e cidades.

Nos mitins deberá levarse mascarilla e manter a distancia de seguridade. O aforo será limitado.

Outros artigos

Ribeira celebrou unha multitudinaria misa en honra de Santa Uxía

A veciñanza da cidade correspondeu coa súa multitudinaria presenza na misa na honra da Santa Uxía que ás 12 do mediodía de hoxe ocupou por completo o adro da igrexa e a praza da Porta do Sol nun recinto disposto con cadeiras para cumprir coa normativa anticovid. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.