Extinguido no mediodía do domingo o lume que calcinou case 50 hectáreas en Lesón

13 Xullo 2020

O lume, nunha imaxe de Galicia Confidencial, comezou na madrugada do sábado

A Consellería do Medio Rural informou a primeira hora da tarde de onte, domingo 12 de xullo, da extinción do lume forestal rexistrado no concello da Pobra do Caramiñal, parroquia de Lesón, que comezou na madrugada do sábado e levou por calcinou, finalmente, 47,29 hectáreas, das cales 40 corresponden a monte arborado e as restantes a monte raso.

O lume, que foi intencionado, iniciouse na madrugada do sábado. Para a súa extinción mobilizáronse en total 7 axentes, 19 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 4 avións e 7 helicópteros.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.