Espazocoop, o Concello e Cáritas Boiro poñen en marcha un curso sobre emprendemento cooperativo

15 Xullo 2020

A Unión de Cooperativas Espazocoop, xunto coa colaboración do Concello de Boiro e Cáritas Boiro, organizan unha actividade de formación destinada a capacitar aos participantes en metodoloxías colectivas, solidarias e colaborativas para poñer en marcha unha iniciativa de mercado: Lánzate a emprender en cooperativa. A actividade, que se vai levar a cabo en Boiro entre os días 28 e 31 de xullo no Centro Social, ten como principal obxectivo o de “presentar a fórmula da cooperativa como unha opción laboral de autoemprego colectivo”.

Esta actividade está enmarcada no Programa de actuación 2020 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta para o fomento da economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social. Está destinado a persoas socias e persoal de cooperativas, así como tamén a persoas interesadas no emprendemento colaborativo e de marcada vertente social.

A formación é gratuíta, vaise realizar no Centro Social de Boiro entre os días 28 e 31 de xullo, en horario de 9.30 a 14.30 horas. Son un total de 20 horas de formación, repartidas en 4 sesións.

O programa da actividade consta de catro módulos, un sobre emprendemento, outro de cooperativismo de traballo como saída para o emprego, un de organización e financiamento nas cooperativas e un último de experiencia real de cooperativa. As prazas son limitadas e as inscricións poden poñerse en contacto con Cáritas Boiro a través do enderezo electrónico caritasboiro@gmail.com ou o teléfono 636 45 79 69.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.