En Boiro máis de 100 inscritos para o proceso selectivo de peóns de limpeza de praias

11 Xullo 2020

O Concello de Boiro segue a traballar pola limpeza e mantemento dos
areais dos 14 quilómetros de costa do municipio. Onte rematou o prazo de
inscrición para o proceso selectivo de limpeza de praias, no que se van
contratar a 15 peóns para a limpeza e acondicionamento dos areais durante a época estival.
A vindeira semana vaise realizar o exame para a contratación de peóns
de limpeza de praias, para o que se presentaron máis de 100 candidatos e
candidatas. Con este proceso selectivo vanse contratar a varios peóns en
xornada completa e tamén parcial para a limpeza diaria e mantemento dos
areais durante o verán.
Desde o departamento de Medio Ambiente organízanse os desbroces e
limpeza dos areais con maquinaria, para mover e limpar a area e que a
superficie quede plana e que se poida aproveita o maior espazo posible e así garantir a distancia de seguridade entre os bañistas.
Estes días estanse realizando tamén as tarefas de peneirado de area,
realizadas cunha máquina específica que retira os residuos e os restos de
desbroces e tamén material orgánico traído pola marea que se acumula na
superficie areosa.
Desde o departamento de Turismo tamén se traballa nos areais para
garantir a seguridade dos bañistas. Esta semana comezaron os socorristas nos principais areais, aqueles con máis afluencia e mais perigosos. Tamén se colocaron en todos os accesos carteis que indican as medidas de seguridade que se deben seguir e o aforo das mesmas, así como códigos QR mediante os que se poden consultar os horarios das mareas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.