En Boiro avanzan de xeito favorable os casos positivos da COVID-19

30 Xullo 2020

O Concello de Boiro celebrou esta mañá unha nova Comisión de Seguimento da Evolución da Covid-19 para tratar a evolución da pandemia no municipio. Non hai novos casos confirmados e os positivos activos melloran de xeito favorable. Á xuntanza, presidida polo alcalde, asistiron a coordinadora de Servicios Sociais, o coordinador de Protección Civil, o oficial-xefe da Policía Local e tamén o traballador social do Centro de Saúde de Boiro e representantes da Cáritas e Cruz Vermella.
O pasado luns, ante a aparición de novos casos positivos por coronavirus no municipio, o Concello de Boiro reactivou a Comisión de Seguimento da Evolución da Covid-19. Desde a xuntanza mantida o luns non se detectaron novos casos de contaxio e os activos neste momento evolucionan de xeito favorable. Gracias á coordinación do departamento de Servicios Sociais e o centro de saúde as persoas positivo reciben toda a atención necesaria.
Na comisión deuse conta tamén das novidades con relación ás necesidades xurdidas durante o confinamento e que foron derivadas a Cáritas
para o suministo de alimentos de aquelas persoas ou familias en situación de vulnerabilidade social. A coordinadora de servicios sociais deu conta tamén das baixas no Servizo de Axuda no Fogar urxente que se activaron durante o confinamento ao volver abrir e prestar servizo o Centro de Día de Boiro. Desde Protección Civil continúase coa programación de baldeos e
desinfeccións diarias nas rúas e núcleos de municipio e a Policía Local está a intensificar o control da poboación no uso de máscara de protección e tamén no control de cumprimento de aforos para evitar aglomeracións.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.