Comunicado do Goberno de Ribeira ante o anuncio de apertura do comercio o día 24 de xullo, festivo local

21 Xullo 2020

Antes as queixas recibidas neste Concello polo anuncio de apertura do comercio o venres 24 de xullo, declarado festivo local, o Goberno Municipal de Ribeira vese na obriga de aclarar o seguinte:
 Que a decisión da Asociación de Empresarios de Ribeira foi tomada tras consulta á Xunta de Galicia e sen que participase en absoluto o Concello de Ribeira nestas xestións.
 Que dende o Goberno Municipal non se comparten nin os criterios xurídicos sobre os que se pretende autorizar tal decisión nin moito menos que fose adoptada sen coñecemento do Concello.
 A interpretación da lei sobre a que se sustenta esta apertura estaría deixando sen contido a todos os efectos os festivos locais, xa que as restricións horarias inherentes aos mesmos só poderían ser aplicadas sobre as superficies comerciais que teñan máis de 300 metros cadrados e sobre as industrias da localidade.
 Dende o punto de vista do Goberno Local só sería comprensible a apertura o venres 24 de xullo de establecementos de alimentación (especialmente, os menores de 300 metros cadrados) debido ao carácter perecedoiro de gran parte dos seus produtos, unido ao feito de concatenarse tres días consecutivos non laborais.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.