Boiro iniciou os Cursos de Vela de Verán 2020

01 Xullo 2020

A Escola Náutica Deportiva de Boiro iniciou esta tarde os cursos de vela
para o verán 2020, unha das actividades que forman parte dos Veráns
Deportivos que promoven o servizo de Deportes do Concello de Boiro. Á
presentación do curso, que se realizou esta tarde no Club Náutico Deportivo de Boiro – Marina Cabo de Cruz asistiron o alcalde, José Ramón Romero, o
concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, o presidente do Club Náutico, Manuel Fajardo e o presidente da Escola Náutica Deportiva de Boiro, Moncho Ares.
Os cursos de vela están destinados a nenos e nenas de entre 8 e 16
anos e vanse levar a cabo ata o 13 de setembro, de luns a venres de 10.00 a
14.00 horas. A actividade conten formación teórica e practica, coa que os mais cativos se van familiarizar coa vela. As inscricións e toda a información sobre a actividade poden facerse no enderezo electrónico
escolanauticaboiro@gmail.com ou no teléfono 622 884 846.

Boiro iniciou os Cursos de Vela de Verán 2020

O Concello de Boiro promove para este verán actividades deportivas en
numerosas disciplinas, sempre adaptadas ás restricións e medidas
seguridade esixidas. Toda a información sobre as actividades dos Veráns
Deportivos 2020 do Concello de Boiro pode conseguirse no departamento de
deportes, de xeito presencial na Casa da Cultura, a través do enderezo
electrónico deportes@boiro.org ou o telefono 981 84 84 25.

Boiro iniciou os Cursos de Vela de Verán 2020

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.