Boiro elimina un vertido histórico na praia de Peralto

28 Xullo 2020

O Concello de Boiro vén de realizar as tarefas de substitución da tubaxe
ao marxe de río de Agramuíña co que se elimina un vertido que afecta á praia de Peralto. No mes de febreiro deste mesmo ano fíxose unha inspección da rede de pluviais con cámara hidráulica e, unha vez o caudal do río o permitiu, realizáronse as tarefas de reposición da tubaxe para eliminar o vertido.
No ano 2016 a praia de Peralto causou baixa no censo oficial de zonas de baño de Galicia pola clasificación insuficiente nos últimos 5 anos.
Constatouse que o areal se vía afectado por un vertido de dúas tubaxes que
desembocaban no peirao de Escarabote. Desde ese momento fixéronse
correccións puntuais co fin de subsanar as deficiencias causantes desta
contaminación.
Nos anos 2016 e 2017, coa renovación das beirarúas da estrada principal de Escarabote, coa que se procedeu á correcta conexión das augas fecais. A comezos de 2019 renovouse o pozo de bombeo de Agramuíña, xa que estaba moi deteriorado e non facía ben a súa función, polo que aliviaba aos tubos que verten ao peirao de Escarabote. En maio do ano pasado reparáronse tamén fisuras nunha tubaxe de fecais na Madalena.
A actuación definitiva para a eliminación do vertido realizouse coas reparacións que se levaron a cabo este ano, en dúas fases. Nunha primeira
actuación inspeccionouse a rede de pluviais cunha cámara hidráulica e nunha segunda actuación substituíronse uns 100 metros tubaxe que discorre polo río de Agramuíña desde a Madalena ata a Av. de Compostela e coa que se elimina o vertido na praia de Peralto.
O Concello de Boiro confeccionou neste ano un Plan de Control de Vertidos que ten como obxectivo solucionar, de xeito progresivo, aqueles vertidos localizados en diferentes actuacións e, tamén, para evitar que se produzan novos vertidos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.