Boiro disporá nestas eleccións autonómicas dun servizo de autobús de balde para a cidadanía

07 Xullo 2020

Boiro contará cun servizo gratuíto de autobuses con motivo das vindeiras eleccións autonómicas, que se resolven este domingo 12 de xullo. O vehículo fará percorridos seguros (dende o punto de vista do tránsito por estrada, pero tamén dende o plano sanitario) aos colexios electorais. O servizo, promovido pola xefatura territorial, será prestado pola empresa Autos R. Outeiral.

Os autobuses prestarán servizo en dúas parroquias, para os colexios electorais situados no Centro Social de Escarabote, correspondente ás mesas 03-002-A, 03-002-B e 03-003-U, e na Casa dos Veciños de Cespón, correspondente coas mesas 02-001-U e 02-002-U.

O autobús que realiza o percorrido de Escarabote fará itinerario por Ponte Goiáns, Sealo, San Mauro, Escarís, Rosadelas, Montaña, Montañó, Mosquete, Piñeiro, A Magdalena (Igrexa), A Magdalena (Gardería e Bar Adrio) – Centro Social de Escarabote e sairá un ás 11:15 horas e outro ás 12:15 horas.

A segunda das rutas, para o colexio electoral situado na Casa dos Veciños de Cespón, fará paradas en Fontecova, Sandrenzo, Vilariño, Ferreiros, Cubeliño, Quinteiro, Guilleiro, Deira, Pazos, Reboredo, Cespón e Centro Social de Cespón. Sairá un ás 16:00 horas e outro ás 18:00 horas

O Concello explicou que o autobús que fará o percorrido, unha vez chegado á mesa electoral correspondente, agardará un tempo para poder levar de volta, ás mesmas paradas, aos usuarios que fan uso deste transporte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), as persoasocupadas (traballadoras) en 2024 superaron os vinte e un millóns, unha cifra que sepensaba inalcanzable, pero que aí está, para darlle lustre á acción dos responsables de crearemprego....

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

IN MEMORIAM. JESÚS PÉREZ VARELA (Redondela, 19 de abril de 1949-Santiago de Compostela, 16 de enero de 2025) Por esas raras cosas contingentes de la vida, caprichosas, inexplicables, también por su enfermedad y aislamiento escogido, nos hemos privado durante años de...