As mariscadoras da Pobra desenvolverán visitas turísticas guiadas que mostren o seu labor e o medio no que traballan

10 Xullo 2020

A Pobra está a ofrecer este verán un programa de actividades alternativo, con experiencias enriquecedoras que mergullan a veciños a visitantes na cultural local ao tempo que se garante, con formatos controlados e de mediano-pequeno formato, a seguridade dos participantes. Un exemplo disto son as actividades de turismo mariñeiro con mariscadoras e mariscadores de a pé do termo municipal. Serán o venres 17 e o 24 de xullo. O venres 17 haberá unha visita guiada a partir das 9.30 horas. O percorrido guiado vai partir da Casa Mariñeira (oficina de turismo municipal).

Nesta experiencia innovadora as persoas encargadas de facer de guías e explicar o traballo a pé de praia serán as propias mariscadoras da Pobra. Ademais, as persoas participantes vanse poder meter ó mar con elas e aprender a manexa-los seus útiles de traballo (rastro, angazo, sacho…), a distinguir entre as distintas especies de bivalvos que se collen nas nosas augas, e tamén a calibra-los talles mínimos…

Organiza a Asociación Mar da Pobra e a Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.