Arrincan as Festas de Ribeira con lecer para a rapazada e concertos de Sumrrá e Tanxugueiras

31 Xullo 2020

Co remate de xullo e co comezo de agosto arrincan as Festas de Ribeira máis distanciadas e controladas da historia da localidade: unhas festividades que se dirixen a compensar, con boa música de balde e un completo programa de lecer para a rapazada, as restricións obrigadas pola actual crise sanitaria, rigorosamente aplicadas polo Concello en todas e cada unha das citas.

As actividades arrincan este venres 31 de xullo coa cita infantil Cantando, Contando, que se desenvolve na praza do Concello (en horario de 11.30 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas) e que inclúe xogos infantís de refugallo (cada 10 minutos nunha zona acoutada e cun número limitado de crianzas), un touro mecánico (para nenas e nenos de entre 4 e 12 anos), un xogo de varredora (para rapaces de 4 a 12) e granizados de balde. Ao abeiro de Cantando, Contando actuará o pallaso Popín, en pases previstos ás 13.00 e máis ás 20.00 horas.

Ao día seguinte, sábado 1 de agosto, a música tomará a palabra. E farao, primeiro, da man de Sumrrá, que amenizarán cun concerto o mediodía no parque García Bayón, a partir das 13.00 horas (aforamento limitado). Pola noite actuarán as mozas de Tanxugueiras, que ofrecerán un concerto ao abeiro da súa xira Contrapunto, no paseo do Malecón ás 22.15 horas. Logo será a quenda dos Os Liantes, que actuarán no paseo do Malecón ás 00.30 horas (nos dous concertos habilitarase aforamento en recinto acoutado, entrada por rigorosa orde de chegada e obriga de carrexar máscara).

Sen saírnos da xornada grande do 1 de agosto, lembrar que ás 19.30 horas, no Malecón, está previsto que se desenvolve a misa na honra do Virxe do Carme.

Ao día seguinte, domingo 2 de agosto, o epicentro das actividades desprázase até Bandourrío, onde se celebrará, na praza de Pontevedra a partir das 13.00 horas, un concerto de Leite con Jalletas (baixo as devanditas normas de seguridade sanitaria que se aplican nos demais espectáculos das celebracións).

De xeito paralelo e complementario, o Concello lembra que esta finde seguirán as proxeccións de auto-cinema nas parroquias. Desta volta é quenda de Olveira, que acollerá, no Pavillón de Sirves, a proxección da película infantil Al aire patos, a partir das 22.15 horas (aforamento limitado a 25 vehículos)

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...