Amicos recupera de xeito progresivo a súa actividade

28 Xullo 2020

A Asociación Amicos está estes días recobrando de xeito progresivo a súa actividade, adaptando as súas liñas de traballo e atención á complexa nova normalidade post-COVID que estamos a vivir este verán. Segundo informou a dirección da entidade, os seus centros de atención diúrna para persoas con diversidades funcionais ou motrices reabriron as súas portas despois de terse declarado o Estado de Alarma o pasado 14 de marzo. Fano ao 50% da súa capacidade, até que a situación se estabilice e se teña superado ao cen por cen a crise sanitaria.

No caso de que a o estado de cousas mellore e desapareza o risco, a entidade confía en ampliar o seu nivel de actividade nun 75 ao longo deste mes de agosto, co fin de acadar en setembro o que se pode chamar un rendemento total.

Estas disposicións chegan logo de meses de crise sanitaria que achegaron unha ampla marxe de incerteza para Amicos, e máis logo de que se tivesen detectado casos de usuarios e traballadores contaxiados na súa residencia de Boiro, unha situación que rápida e eficazmente atallada pola dirección da entidade e o seu equipo de profesionais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.