Activada unha ferramenta xeográfica para consultar información das praias de Galicia

03 Xullo 2020

Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de activar esta semana unha nova funcionalidade dentro do visor telemático do Instituto de Estudos do Territorio (IET) que permite localizar e consultar información sobre todas as praias da comunidade.
A través desta ferramenta dixital, ofrécese información xeográfica detallada de cada un dos 960 areais incluídos no Catálogo de Praias de Galica, que suman máis de 18,75 millóns de metros cadrados de superficie. Deste xeito, premendo na icona do parasol na parte superior do visor , pódense obter datos sobre a superficie de cada areal e outra información de
interese, como a súa localización, categoría ou o concello ao que pertence.
Ademais, tamén se incorporou un distintivo para identificar sobre o mapa as 107 praias galegas que recibiron este ano unha bandeira azul, galardón que concede a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) en recoñecemento á excelente calidade das augas, aos servizos dispoñibles e á boa xestión destes espazos, converténdose nunha
etiqueta ambiental universalmente coñecida e valorada por turistas e tour operadores.
Desde o 1 de xullo todos estes datos están a disposición de calquera persoa interesada, aínda que pode resultar unha ferramenta especialmente útil para os concellos. Neste sentido, cómpre lembrar que as entidades locais son as responsables da xestión das praias e que este verán a seguridade sanitaria vai ser un factor esencial nestes espazos, o que obrigará a respectar as distancias de seguridade establecidas por mor da Covid-19.

O acceso pódese realizar desde o seguinte VISOR.

Visor para localizar e consultar
información sobre todas as praias de Galicia

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.