Aberto o prazo de solicitude de axudas para a mellora de escolas infantís xestionadas por entidades de iniciativa social

17 Xullo 2020

A Xunta de Galicia abre hoxe, e durante un mes, o prazo para que as entidades privadas de iniciativa social se acollan á nova convocatoria de axudas para a realización de obras de mellora e de compra de equipamento nas escolas infantís de 0 a 3 anos da súa titularidade. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde que regula a concesión destas achegas económicas cun crédito total de 400.000 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Ao abeiro desta convocatoria e baixo o réxime de concorrencia competitiva serán subvencionables tanto as actuacións menores de adecuación e mellora das infraestruturas dos centros, así como obras novas que melloren a accesibilidade ou doten ao edificio de servizos necesarios.

Así mesmo, entran dentro desta orde de axudas a adquisición e mellora do equipamento do centro a compra de mobiliario interior e exterior, así como de material didáctico e de xogo. A convocatoria tamén subvenciona a dotación de conexión a internet e a compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula, tales como ordenadores, encerados dixitais, gravadoras, cámaras de vídeo ou similares.

Financiarase ata o 100% do investimento subvencionable e unha contía máxima por cada centro de 15.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 10.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula. Cada entidade poderá percibir unha axuda máxima de 25.000 euros, con independencia do número de centros para os que presente a solicitude.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.