A telleira de Quintáns, en Rianxo, na Listaxe Vermella do Patrimonio

22 Xullo 2020

Novamente temos que lamentar que a nosa comarca volva achegar contribucións á Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra, onde xa había previamente dous tesouros arquitectónicos dos nosos concellos hoxe en día en vías de recuperación: o Pazo de Goiáns (Boiro) e a Casa da Cadea (Pobra do Caramiñal). Desta volta, a entidade pon o foco nas telleiras de Galicia, exemplos de arquitectura popular esquecida e non sempre valorada como se merece, malia a súa importancia histórica e patrimonial. A asociación subiu catro exemplos destas construcións á súa listaxe, unha das cales atópase en Rianxo.

“As telleiras ou fábricas de tellas”, continúa Hispania Nostra, “conformaron en Galicia unha singular rede industrial desde finais do século XIX que merece ser lembrada e non permitir que caia no esquecemento”

As tres primeiras cuxa recuperación reivindica a asociación están en Pontevedra -en Valga e Catoira-, e a cuarta atópase en Rianxo, a de Quintáns. Nalgunhas consérvanse só os muros perimetrais; noutras aínda están a pé a vivenda dos telleiros, as eiras, o forno e os embarcadoiros. Hispania Nostra láiase de que case ningunha delas goce de “protección legal específica”, e como consecuencia, engaden, “na actualidade resisten ao paso do tempo, abandonadas, cos tellados desaparecidos e cubertas de maleza”.

A de Quintáns (Rianxo) localízase no lugar de Agro de Telleira, entre Quintáns e A Vacariza. Hispania Nostra recorda que “nada se sabe da súa construción ou orixe” e que a súa propiedade era da familia Rivela, da muller de Ramón Rodríguez Roeiro, que a achegaban en arrendamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.