Continúan a bo ritmo as obras de rehabilitación do Pazo de Goiáns en Boiro

28 Maio 2020

As obras de rehabilitación do Pazo de Goiáns de Boiro, unha das grandes xoias arquitectónicas galegas da arquitectura civil, avanzan a bo ritmo, reducíndose os prazos inicialmente previstos pola empresa adxudicataria. Segundo informou o Concello a través do alcalde, José Ramón Romero, o bo ritmo é extensíbel a todos os traballos que se están a realizar, dende as tarefas de limpeza até a estabilización e recuperación das fachadas do inmóbel, que “xa se realizaron nun terzo do pazo”, indicou o rexedor, quen visitou este xoves a finca de Goiáns xunto co arquitecto municipal, Emilio Piña, e o arqueólogo municipal, Víctor Barbeito, para ver a evolución das obras.

Segundo fixeron saber, o obxectivo é que, “para cando comece a vindeira tempada de choivas”, o edificio estea protexido para poder realizar os acabados interiores, as instalacións ou a carpintería.

O Concello engadiu que se rematou tamén a división da zona técnica, un espazo duns 25 metros cadrados onde se van situar os aseos e o control das instalacións do inmóbel, como electricidade, climatización e calefacción. Respecto dos materiais usados, o teito deste espazo vai “formigonado”, xa que debe cumprir uns requisitos específicos de seguridade no caso de lume ou emerxencia. Polo que atinxe ao resto dos teitos e chans, vanse realizar en madeira, tratada especificamente para mellorar o seu comportamento ao lume.

As actuacións roldan o millón de euros e o prazo de execución da obra está previsto para que estea rematada no vindeiro verán. O obxectivo é converter o pazo e a súa contorna exterior nun “espazo amplo, diáfano e versátil e que se poidan acoller nel diversas actividades como exposicións ou eventos”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.