A Pousada quenta o verán cunha Electro Party Tropical e concertos de Antonio Lizana, Arizona Baby e King Sapo

14 Xullo 2020

A Pousada da Galiza Imaxinaria, o emblemático local de concertos de Boiro, vén este verán con forzas renovadas, logo do longo e complexo período de resistencia ao que tivo que ser sometido por mor da emerxencia sanitaria. Este sábado 18 o público pode ir quitándose de enriba a fame de música cunha Electro Party Tropical cuxas entradas xa están a venda. Contarase coa presenza dos DJ Alex Lojo e Álvaro M e Brenlla.

O sábado 25 será a quenda do flamenco jazz de Antonio Lizana Music Trio (entradas a dez euros), o venres 31 das evocacións fronteirizas de Arizona Baby (entradas a 15 euros anticipadas e a 18 na billeteira) e o xoves 6 de agosto os aires rockeiros de King Sapo (entradas a 10 euros). As entradas, como de costume, están á venda en Baldani Tenda e máis na propia Pousada.

En breve serán dados a coñecer máis datas e máis concertos.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.