A Pobra acolleu a presentación do novo Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

30 Xullo 2020

O Concello da Pobra, a Editorial Galaxia e a Asociación Cultural Barbantia presentaron este xoves 30 de xullo os detalles da terceira convocatoria do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, impulsado polas tres devanditas entidades de xeito conxunto. No acto celebrado no Consistorio da Pobra participaron a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, o presidente de Barbantia, Manuel Cartea, o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro e a viúva de Carlos Mosteiro, Lourdes Briones.

Segundo fixeron saber, o xurado desta terceira convocatoria estarÔ formado por Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, Xose Antonio Neira Cruz, gañador da segunda edición deste premio e Mª Eulalia Agrelo Costa. filóloga e ensaísta galega.

O prazo para a presentación de contribucións estarÔ aberto este verÔn até o 30 de setembro.

O galardón, que poderÔ non ser outorgado (se o xurado estima que ningunha das obras presentadas acada a calidade requirida), considerarÔ unha única contribución gañadora, Ô cal se lle asignarÔ unha dotación económica de 1.500 euros. O ditame darase a coñecer no día 30 de outubro e a entrega do premio serÔ o 20 de novembro.

Como lembraremos, o recoñecemento da anterior convocatoria foi dar ao escritor Xosé A. Neira Cruz por O enigma do baúl pechado.

O Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro ten como finalidade honrar a figura do recentemente falecido Carlos Mosteiro, escritor fundamental da literatura infantil e xuvenil amais de ser un autor moi estreitamente ligado Ć” nosa comarca.

Outros artigos

A Pobra darĆ” a benvida ao Nadal no 2 de decembro

O prendido das luces e mÔis a inauguración do belén municipal marcarÔn o inicio do Nadal na Pobra do Caramiñal neste 2 de decembro. O acto terÔ lugar na praza Alcalde Segundo DurÔn, Ôs 18.00 horas, cando se ilumine a Ôrbore alí situada e os Xardíns de Valle-InclÔn,...

+

A Pobra condenou a violencia machista neste 25-N

Xornada de reflexión, sensibilización e reivindicación. A Pobra do Caramiñal condenou as actitudes machistas neste 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cos actos centrais que marcaron o punto final Ô programación da campaña...

+


Publicidade



Revista en papel



Opinión