A nova edición do Festival de Jazz de Rianxo quece motores coa mostra Jazz Espido

24 Xullo 2020

Para os seareiros da música da comarca e de Galicia, do xoves 6 ao sábado 8 de agosto celébrase a cuarta edición do Festival Noites de Jazz de Rianxo. Haberá concertos e, tamén, unha exposición sobre este estilo musical e as súas diferentes variantes, que tan bos froitos ten dado na nosa terra e tanto nos ten axudado, na pasada crise sanitaria, a sobrelevar os tempos máis críticos do confinamento. A devandita mostra inaugurouse este 24 de xullo, no Centro Sociocultural-Auditorio. Consiste nunha homenaxe pictórico-poética aos camiños de coñecemento, expresión e comunicación (músicos-público) abertos polo jazz. Estamos a falar da exposición Jazz Espido. 17 debuxos de Eva Lloréns e 17 poemas de Mª do Carme Kruckemberg.

A mostra xorde do traballo conxunto, orixinariamente en formato libro (editado por Barbantesa), da poeta viguesa María do Carme Kruckenberg e maila artista Eva Lloréns. Jazz espido cingue textos sobre grandes instrumentalistas e voces do jazz acompañados de espidos masculinos e femininos que “ilustran os movementos e sentimentos dos versos”, segundo reza no resumo orixinario do proxecto, unha colección de “imaxes feitas palabras que expresan a grande admiración da autora pola música do jazz”.

Na presentación deste 24 de xullo participaron Xoán Pastor (director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital), Mercedes Queixas Zas (poeta, novelista e política) e Raquel García Abuín (concelleira de Cultura do Concello de Rianxo). Deron a coñecer os detalles, da exposición, do programa de actuacións e, tamén, do espazo en Facebook do certame, onde se van ir dando conta de todas as novidades: https://www.facebook.com/NoitesdeJazz/.

A música en si mesma

A música tomará a palabra entre o xoves 6 e o sábado 8 de agosto, coa cuarta edición do Festival Noites de Jazz de Rianxo. Será no Centro Sociocultural-Auditorio ás 22.30 horas (actividades con reserva previa). O xoves 6 de agosto actuará o Pablo Sanmamed Trío; o venres será a quenda do Pablo Castanho Quartet; e o sábado 8 a protagonista será a Swing Machine Orchestra. Organiza o Concello de Rianxo, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital (Ribeira).

Outros artigos

O director de XERA visitou en Rianxo a sede dos estaleiros Catoira

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, visitou na mañá deste xoves 22 de xaneiro a sede dos Astilleros Catoira en Rianxo, onde mantivo unha reunión de traballo coa Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI) para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

La crisis, el paro y la desigualdad han creado una España de dosvelocidades. Cáritas, Unicef, Oxfam Intermon. Cruz Roja, Eapn. La Alianzacontra la Pobreza e incluso la ONU y el Banco Mundial señalan que España esel cuarto país de la Unión Europea con más desigualdad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.