A Deputación achega máis axudas para o emprendemento, o emprego e a innovación no rural. A Pobra, Porto do Son e Lousame entre os beneficiados

20 Xullo 2020

A Deputación da Coruña activou dúas novas liñas do PEL (Plan de Emprego Local) para potenciar o emprego e o empredemento da mocidade no rural, dúas liñas (PEL- Rurinnova e PEL-Relevo) que suman un investimento de 921.000 euros para a posta en marcha de 60 proxectos empresariais e a contratación de 80 mozos e mozas menores de 30 anos nos municipios máis pequenos da provincia. As dúas novas contribucións están co-financiadas nun 91% polo Fondo Social Europeo (FSE), e teñen como obxectivo “apoiar a inserción laboral, o autoemprego e o emprendemento” entre a xente nova concellos coruñeses con poboación inferior aos 5.000 habitantes ou naqueles municipios con menos de 10.000 habitantes que presenten un saldo demográfico negativo na última década.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que estes dous novos programas do PEL créanse en base ao obxectivo estratéxico do goberno provincial de “facer fronte ao declive demográfico do rural coruñés” e pretenden “ofrecer á nosa mocidade oportunidades laborais ou axudas para crear a súa propia empresa sen ter que abandonar o rural”.

O primeiro dos programas, PEL – Rurinnova, vén con 489.000 euros e destínase a financiar a posta en marcha de 60 proxectos empresariais innovadores por parte de mozas e mozos menores de 30 anos. Ademais de axudas ao autoemprego, por un importe de ata 8.100 euros, esta liña inclúe un amplo calendario de actividades de formación, asesoramento e soporte para os emprendedores/as durante o proceso de creación, desenvolvemento e consolidación dos seus diferentes plans e liñas de negocio, así como o futuro apoio a estes dende a Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo (a Rede de Coworking da Deputación, da que forma parte o centro de traballo colaborativo de Boiro).

Por outra banda, a nova liña PEL-Relevo contará cun orzamento de 432.000 euros para incentivar a contratación de 80 mozos e mozas menores de 30 anos en empresas implantadas nos concellos máis pequenos da provincia.

Outros artigos

Sábado 8, intervalos nubrados e algún chuvasco illado

Este sábado,8 Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, o que deixará unha xornada de ceos con intervalos nubrados e a posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, especialmente no noroeste durante as primeiras horas do día. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.