83.296 votantes da comarca chamados a votar este 12 de xullo. Elixen deputados en 14 listas ás eleccións o “Parlamento de Galicia”

12 Xullo 2020

83.296 censados teñen dereito a voto nos 7 concellos da península do Barbanza. Esto sopón 315 votantes menos que nas anteriores eleccións autonómicas do ano 2016. Somentes os concellos de Boiro e Noia teñen mais votantes nestas eleccións que nas anteriores autonómicas.

DIFERENCIA DE CENSO DE ELECTORES (Autonómicas 2016-2020)

  • Ribeira: 21.741 (-77)
  • Boiro: 15.514 (+97)
  • Noia: 12.042 (+4)
  • Rianxo: 9.419 (-77)
  • A Pobra: 7.931 (-92)
  • Porto do Son: 7.740 (-161)
  • Lousame: 2.909 (-115)
Resultados electorais das Autonómicas 2016 concellos da comarca. Fonte revista O Barbanza

O número de escanos o Parlamento de Galicia, mantense en 75 deputados para o período 2020-2024, polo que a maioría mantense en 38 deputados.

Un total de 56 candidaturas foron rexistradas nas catro circunscricións galegas para estas eleccións deste 12 de xullo, unha máis das previstas na cita do 5 de abril que foi cancelada pola crise sanitaria derivada do covid-19. Deste xeito, son dúas candidaturas menos que as presentadas na convocatoria de setembro de 2016, cando houbo 58 listas.

A circunscrición da Coruña suma agora unha candidatura máis que para a cita do 5 de abril, e serán 14 listas rexistradas. Así, preséntanse PP de G, Psde G-PSOE, BNG, Galicia en Común- Anova Mareas, Cidadáns, Vox, Partido Comunista dos Traballadores dá Galiza, Pacma, Por un Mundo máis Xusto, Equo, Marea Galeguista, Recortes Cero- Espazo Común Os Verdes. Con respecto á cita do 5 de abril, tamén se presenta a Coalición de Centro Democrático Autónomos –presentouse na anterior cita o Partido dos Autónomos e Profesionais–.

Tamén concorre o Partido Libertario, que se presentou en 2016, pero non o facía para as eleccións erradas. Con respecto as anteriores autonómicas non estarán Comunistas dá Galiza, Alternativa Independente de Galicia, Converxencia 21, Acción Democrática Cidadáns de Galicia, Vía Nova Galicia, Partido Anticorrupción e Xustiza, Cidadáns- Centrum, Unidos polo Futuro e Ganemos Galicia.

En O Barbanza tal como vimos facendo desde o inicio da campaña electoral manteremos ós nosos leitores informados de como vai a xornada e os resultados e enquisas electorias, centrados principalmente na comarca e provincia.

Sede do Parlamento de Galicia no Hórreo en Santiago de Compostela

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...